Mostrando entradas con la etiqueta CONSELLERIA XUNTA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CONSELLERIA XUNTA. Mostrar todas las entradas

jueves, 13 de mayo de 2021

CONVOCATORIA PREMIOS EXTRAORDINARIOS BACHARELATO

ENLACE ORDE CONVOCATORIA 
Forma e prazo de presentación de solicitudes
1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática PremiosEdu (https:// www.edu.xunta.gal/premiosedu/) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), ou directamente desde a propia aplicación PremiosEdu. Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). 
2. As solicitudes subscribiranas directamente as persoas interesadas con plena capacidade de obrar ou, se é o caso, os/as representantes legais das persoas solicitantes.
 3. Para a presentación electrónica deste procedemento, a sede electrónica da Xunta de Galicia dispón de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polas persoas solicitantes. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios, poderán dirixirse ao teléfono de información 012 ou ao enderezo electrónico 012@xunta.gal Se as dúbidas están relacionadas coa presente convocatoria, poderán facer as súas consultas no enderezo electrónico premios@edu.xunta.gal 
4. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 27 de abril de 2021 e rematará o día 26 de maio de 2021.

lunes, 1 de junio de 2020

ENSINANZAS MÚSICA e DANZA

Educación convoca probas de acceso ao curso 20-21 para as Ensinanzas profesionais de Música e Danza para xuño en modo non presencial con carácter xeral
PINCHA AQUÍ



martes, 28 de abril de 2020

INSTRUCCIÓNS EDUCACIÓN XUNTA

Instuccións Dirección Xeral Educación , FP e Inovación educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre. PINCHA AQUÍ


sábado, 18 de abril de 2020

XUNTA

📢📢Aviso da Xunta!!
17/04/2020 
Orientacións provisionais do 17 de abril para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/2020 (Á espera da publicación da normativa estatal correspondente)

lunes, 30 de marzo de 2020

AXUDAS COMEDOR

Axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19

Conferencia Sectorial de Educación

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou hoxe na Conferencia Sectorial de Educación, convocada para analizar o impacto e as medidas en relación coa interrupción da actividade lectiva presencial con motivo da declaración do Estado de Alarma por parte do Goberno Central. No encontro houbo consenso xeneralizado de manter o calendario escolar, co obxectivo de transmitir unha mensaxe de continuidade e normalidade respecto ao ámbito académico.
Nesta liña, acordouse avaliar o segundo trimestre co traballo desenvolvido ata a interrupción das clases presenciais e modificar os contidos e competencias básicas previstas para o terceiro trimestre. Estas modificacións abordaranse nunha xuntanza en abril. Ademais, decidiuse suspender este curso as probas de avaliación diagnóstica. Carmen Pomar agradeceu o esforzo que están a facer tanto docentes como familias para manter a poboación escolar activa e contribuír así á normalidade nesta situación excepcional.
Na súa intervención, a conselleira tamén reiterou a conformidade de Galicia co aprazamento da ABAU e co modelo de exame proposto polo Ministerio, como medidas necesarias para garantir a equidade a todo o alumnado que se presente ás probas de acceso á universidade. 
Así, na xuntanza consensuouse que as datas para a convocatoria ordinaria se sitúen entre o 22 de xuño e o 10 de xullo, con marxe para publicar os resultados ata o 17 de xullo, e para a extraordinaria antes do 10 de setembro, coa publicación de resultados antes do 18 dese mesmo mes. Canto ao exame, acordouse manter un modelo similar ao actual, cos mesmos tempos de realización, e aumentar a opcionalidade. O obxectivo é garantir que o alumnado poida acadar a máxima puntuación sen que llo impida o feito de non ter recibido algún dos contidos previstos.
Neste sentido, a conselleira avanzou que convocará proximamente a CIUG para abordar este tema e indicou que os tres reitores do Sistema Universitario de Galicia xa lle manifestaron a súa total colaboración para garantirlle ao alumnado a equidade no acceso á universidade.

Formación Profesional

Canto á Formación Profesional, insistiuse na necesidade de garantir que todo o alumnado titule, para o que o Ministerio anunciou a publicación dunha norma que vai fundir nun único módulo os actuais de Formación en Centros de Traballo (FCT) e de Proxecto. No caso dos ciclos de grao medio e na FP Básica, onde non existe módulo de Proxecto, establecerase un traballo final.
Na Conferencia analizouse tamén a convocatoria das oposicións ao ensino en cada Comunidade. Este tema, dada a heteroxeneidade de situacións, abordarase a vindeira semana nunha xuntanza específica.    
Cómpre sinalar tamén que a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, demandoulle ao Goberno central un plan que permita a distribución de recursos para acabar coa fenda dixital nas comunidades con maior dispersión xeográfica, como é o caso de Galicia. A petición foi realizada por outras CCAA, como Asturias, Cantabria e Castela León. Trátase así de garantir o acceso de toda a poboación escolar á educación en liña.

Xornada portas abertas