sábado, 29 de mayo de 2021

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS CICLOS FP PARA O CURSO 2021-22

O equipo directivo do IES FRAGA DO EUME xunto co departamento de orientación, organiza unha Xornada de Portas Abertas Virtuais para o xoves 17 de xuño en horario de tarde, co obxectivo de dar a coñecer a nosa oferta de FP (a raíz da transformación a partir do vindeiro curso en CIFP) e asesorar e informar a aquel alumnado ou familias que o precisen.

 

PROGRAMA DAS XORNADAS (xoves 17 de xuño)
.- Ás 16.30 horas: presentación da xornada pola directora e información xeral sobre a oferta de FP no noso centro por parte da orientadora.
.- Ás 17 horas: presentación dos ciclos de grado medio de Cociña e Gastronomía e de Pastelaría, Repostaría e Confeitaría e do ciclo superior de Dirección Cociña, a cargo do xefe de estudos de ciclos (profesor da especialidade).
.- Ás 17.30 horas: presentación dos ciclos medio de Servizos en Restauración e superior de Dirección de Servizos en Restauración, a cargo do Vicedirector do centro (profesor da especialidade).
.- Ás 18 horas:  Presentación dos ciclos de Axencias de Viaxe e Xestión de Eventos e Xestión de Aloxamentos Turísticos a cargo da secretaria do centro (profesora da especialidade).
    
A INSCRICIÓN NA XORNADA farase enviando un correo electrónico a ies.fraga.eume@edu.xunta.gal. Debe indicarse o nome completo, dirección de correo electrónico e o ciclo no que está interesado. A data límite de inscrición é o venres 11 de xuño.
A véspera da xornada enviarase ao enderezo electrónico do inscrito o enlace webex para a sesión de portas abertas.

 

jueves, 20 de mayo de 2021

XORNADAS PORTAS ABERTAS "CIFP RODOLFO HUCHA"

O CIFP RODOLFO UCHA PIÑEIRO organiza unhas Xornadas de Portas Abertas Virtuais, entre os días 25 e 26 de maio en horario de tarde. 
Algúns dos obxectivos de estas xornadas son: 
Dar a coñecer a Formación Profesional.
Asesorar e informar acerca da oferta educativa do CIFP RODOLFO UCHA PIÑEIRO. 
Responder as necesidades de orientación académica e profesional do alumnado.

Consideramos que estas xornadas son importantes tanto para o alumnado coma para as súas
familias do alumnado de 4º ESO e BACHARELATO. 
 Para consultar o programa das xornadas asi como inscribirse nelas deben de acceder á www.cifprodolfoucha.es

jueves, 13 de mayo de 2021

CONVOCATORIA PREMIOS EXTRAORDINARIOS BACHARELATO

ENLACE ORDE CONVOCATORIA 
Forma e prazo de presentación de solicitudes
1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática PremiosEdu (https:// www.edu.xunta.gal/premiosedu/) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), ou directamente desde a propia aplicación PremiosEdu. Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). 
2. As solicitudes subscribiranas directamente as persoas interesadas con plena capacidade de obrar ou, se é o caso, os/as representantes legais das persoas solicitantes.
 3. Para a presentación electrónica deste procedemento, a sede electrónica da Xunta de Galicia dispón de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polas persoas solicitantes. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios, poderán dirixirse ao teléfono de información 012 ou ao enderezo electrónico 012@xunta.gal Se as dúbidas están relacionadas coa presente convocatoria, poderán facer as súas consultas no enderezo electrónico premios@edu.xunta.gal 
4. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 27 de abril de 2021 e rematará o día 26 de maio de 2021.

viernes, 30 de abril de 2021

XORNADA VIRTUAL GRAOS UDC

 Como saben, o xoves 8 de abril celebramos a Xornada Virtual de Portas Abertas da UDC (XVPA), na que amosamos a nosa oferta académica e vida universitaria ao Futuro Estudante.

Estamos moi satisfeitos porque tivemos moi boa acollida, xa que rexistramos 10.506 visitas a web. Agradecémoslle a colaboración que prestou na difusión da XVPA.

 

Dado que as medidas sanitarias seguen sen permitirnos a organización de Xornadas de Portas Abertas presenciais, mantemos activa a web da Xornada Virtual:  https://www.udc.es/es/futuros_estudantes/portas_abertas/ 

Nela atoparán:

  • Vídeoconferencias de todos os Graos
  • Vídeos curtos dos Centros nos que se imparten
  • Vídeos con experiencias de alumnado matriculado e egresado
  • Vídeos da vida Universitaria: Residencias, Deporte, Cultura, Centro de Linguas, Voluntariado, Emprego, UDC Saudable, Oficina de Medioambiente...

Polo que lle solicitamos e agradecemos a súa colaboración na difusión da web da XVPA entre o seu alumnado e as súas familias, confiados en que lles axudará a tomar unha decisión, para ENTRAR NO FUTURO!

lunes, 26 de abril de 2021

PREINSCRIPCIÓN E MATRÍCULA NA UNIVERSIDADE 2021

Neste vídeo podes visualizar como realizar o proceso de preinscripción e matriculación na Universidade en Galicia. 
 Aínda que está contextualizado na Universidade de Santiago de Compostela, o proceso é igual para todas as universidades de Galicia, e realízase na plataforma NERTA. 
 O proceso para inscribirse na universidade está composto de dúas fases: 
 1ª Fase: Preinscripción en NERTA.
 É un proceso único para as tres universidades de Galicia. A través de NERTA faremos as peticións para todas as universidades e campus.
 2ª Fase: Matriculación.
 Unha vez que se é admitido/a nunha titulación universitaria realízase esta fase tamén en líña, pero xa non se fai en nerta senón na páxina web principal da universidade onde se foi admitido/a. 

 Vídeo no que se visulaiza a preinscripción e matrícula na Universidade en Galicia 2021 ENLACE

Matrícula ordinaria ABAU 2021: Prazos e documentación - Presentación de Mónica Díz

 

jueves, 8 de abril de 2021

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Curso 2020-2021

 O prazo de presentación de solicitudes de admisión é o seguinte (período ordinario): do 19 ao 30 de abril de 2021   ata as 13:00 h.

ENLACE

MÁSTERS FP XUNTA

 

A Xunta impulsará unha oferta de 16 másteres de FP a partir do próximo curso que mellorará e especializará aos titulados

Videoxogos, intelixencia artificial, ‘big data’ ou ciberseguridade son algunhas das ramas que se buscan introducir no ensino da nosa Comunidade
O obxectivo, no marco da futura Estratexia Galega de FP, é promover a excelencia destas ensinanzas e propiciar unha maior relación co mundo empresarial
Estes cursos de especialización facilitarán a inserción laboral dos titulados a partir das novas necesidades produtivas as oportunidades de innovación

GUÍA UNISCOPIO: Plataforma digital de orientación y guía de acceso a la universidad

Uniscopio es una plataforma online e interactiva de orientación al estudiante. Su acceso es gratuito y contiene la información referida a toda España, organizada en los siguientes temas:
 MAPA DE UNIVERSIDADES: Dónde y qué estudiar.
 BECAS Y AYUDAS ECONÓMICAS: Toda la información sobre becas y ayudas. 
 ACCESO Y ADMISIÓN A LA UNIVERSIDAD: Requisitos de acceso a los estudios. 
 BUSCADOR DE ESTUDIOS DE GRADO Y DE POSTGRADO PROFESIONES

PROCEDEMENTO DE ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS

ENLACE Á EXPLICACIÓN DO PROCEDEMENTO DE ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS   https://drive.google.com/file/d/13lySop50SlGpMYrmHWBFpUc...