miércoles, 3 de abril de 2024

PUNTOS LARANXA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

 


Puntos físicos e virtuais

Estes puntos laranxascontra o acoso escolar teñen un formato físico nas propias instalacións e outro virtual a través dos webs de cada un dos centros educativos. Ademais, contan cunha imaxe común e uniforme para que sexan perfectamente identificados e accesibles.

O seu funcionamento é como o dun buzón a través do cal o alumnado pode comunicar ou denunciar, desde unha posición totalmente anónima, posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufran ou perciban en terceiros.

Para xestionar este buzón, en cada centro educativo constitúese un equipo de actuación contra o acoso escolar integrado, entre outros, polo coordinador de benestar emocional e convivencia e a persoa orientadora do centro.

Deste xeito, o alumnado conta cun equipo de referencia ao que dirixirse en caso de que o precise. Ademais, no novo Protocolo educativo para a prevención, a detección e o tratamento do acoso e do ciberacoso escolar recentemente actualizado, establécese un procedemento de intervención ante os posibles casos que se coñezan por esta vía.




ACCESO PUNTO LARANXA PÁXINA WEB do CIFP FRAGA DO EUME






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

PROBAS LIBRES 2023-24

https://www.edu.xunta.gal/fp/probas-libres-convocatoria-actual INFORMACIÓN SOBRE: Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE-LOXSE) 2...