Forma e prazo de presentación de solicitudes
1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática PremiosEdu (https://
www.edu.xunta.gal/premiosedu/) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia
(https://sede.xunta.gal), ou directamente desde a propia aplicación PremiosEdu.
Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema
de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. As solicitudes subscribiranas directamente as persoas interesadas con plena capacidade de obrar ou, se é o caso, os/as representantes legais das persoas solicitantes.
3. Para a presentación electrónica deste procedemento, a sede electrónica da Xunta
de Galicia dispón de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento
polas persoas solicitantes. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis
información durante o proceso de obtención dos formularios, poderán dirixirse ao teléfono
de información 012 ou ao enderezo electrónico 012@xunta.gal
Se as dúbidas están relacionadas coa presente convocatoria, poderán facer as súas
consultas no enderezo electrónico premios@edu.xunta.gal
4. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 27 de abril
de 2021 e rematará o día 26 de maio de 2021.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.