sábado, 29 de mayo de 2021

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS CICLOS FP PARA O CURSO 2021-22

O equipo directivo do IES FRAGA DO EUME xunto co departamento de orientación, organiza unha Xornada de Portas Abertas Virtuais para o xoves 17 de xuño en horario de tarde, co obxectivo de dar a coñecer a nosa oferta de FP (a raíz da transformación a partir do vindeiro curso en CIFP) e asesorar e informar a aquel alumnado ou familias que o precisen.

 

PROGRAMA DAS XORNADAS (xoves 17 de xuño)
.- Ás 16.30 horas: presentación da xornada pola directora e información xeral sobre a oferta de FP no noso centro por parte da orientadora.
.- Ás 17 horas: presentación dos ciclos de grado medio de Cociña e Gastronomía e de Pastelaría, Repostaría e Confeitaría e do ciclo superior de Dirección Cociña, a cargo do xefe de estudos de ciclos (profesor da especialidade).
.- Ás 17.30 horas: presentación dos ciclos medio de Servizos en Restauración e superior de Dirección de Servizos en Restauración, a cargo do Vicedirector do centro (profesor da especialidade).
.- Ás 18 horas:  Presentación dos ciclos de Axencias de Viaxe e Xestión de Eventos e Xestión de Aloxamentos Turísticos a cargo da secretaria do centro (profesora da especialidade).
    
A INSCRICIÓN NA XORNADA farase enviando un correo electrónico a ies.fraga.eume@edu.xunta.gal. Debe indicarse o nome completo, dirección de correo electrónico e o ciclo no que está interesado. A data límite de inscrición é o venres 11 de xuño.
A véspera da xornada enviarase ao enderezo electrónico do inscrito o enlace webex para a sesión de portas abertas.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

PUBLICADAS BECAS MEC 2024-25

  BECAS MEC 2024-25 PLAZO SOLICITUD BECAS  DEL 19 DE MARZO AL 10 DE MAYO INFORMACIÓN APORTADA DESDE SECCIÓN BECAS DE A CORUÑA ¿Para qué est...