viernes, 30 de abril de 2021

XORNADA VIRTUAL GRAOS UDC

 Como saben, o xoves 8 de abril celebramos a Xornada Virtual de Portas Abertas da UDC (XVPA), na que amosamos a nosa oferta académica e vida universitaria ao Futuro Estudante.

Estamos moi satisfeitos porque tivemos moi boa acollida, xa que rexistramos 10.506 visitas a web. Agradecémoslle a colaboración que prestou na difusión da XVPA.

 

Dado que as medidas sanitarias seguen sen permitirnos a organización de Xornadas de Portas Abertas presenciais, mantemos activa a web da Xornada Virtual:  https://www.udc.es/es/futuros_estudantes/portas_abertas/ 

Nela atoparán:

  • Vídeoconferencias de todos os Graos
  • Vídeos curtos dos Centros nos que se imparten
  • Vídeos con experiencias de alumnado matriculado e egresado
  • Vídeos da vida Universitaria: Residencias, Deporte, Cultura, Centro de Linguas, Voluntariado, Emprego, UDC Saudable, Oficina de Medioambiente...

Polo que lle solicitamos e agradecemos a súa colaboración na difusión da web da XVPA entre o seu alumnado e as súas familias, confiados en que lles axudará a tomar unha decisión, para ENTRAR NO FUTURO!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

ADMISIÓN FP 2025-26

 Información sobre admisión e matrícula en FP  na seguinte ligazón: ADMISIÓN FP OFERTA FORMATIVA CIFP FRAGA DO EUME: