FP ACELERADA
Ábrese o prazo de inscrición para a 2ª edición da Formación Acelerada de Repostería en Restauración que se oferta de xaneiro a xuño dentro do curso 2025-2026 no CIFP Fraga do Eume.
Prazo de presentación de solicitudes: do 1 de decembro ás 9:00 horas ata 18 de decembro de 2025 ás 13:00 horas.
Resolución de solicitudes: 9 de Xaneiro
Período de matrícula para as persoas admitidas: do 16 xaneiro ás 9:00 ao 23 ás 13:00 horas.
Formación teórica no centro: do 2 de Febreiro ao 8 de Maio en horario de tarde. Formación no centro de traballo: do 11 de Maio ao 19 de Xuño.
Módulos que se imparten: Procesos básicos de pastalaría e confitaría, Sobremesas en restauración, Seguridade e hixiene na manipulación de alimentos, Ofertas gastronómicas, Itinerario persoal para a empregabilidade (a distancia)
INFÓRMATE aquí!! ou chamando ao noso centro 881930448